lunes, 30 de enero de 2017

Hoxe conmemoramos o día da PAZ E DA NON VIOLENCIA, soltando  pombas viaxeiras que levarán as nosas mensaxes de Paz a todos lados..
Os patiños e patiñas de catro anos decidiron seleccionar  catro palabras que escribiron nunha folla de carballo para formar a árbore co resto dos compañeiros e compañeiras:
·         AMOR
·         PERDOAR
·         COMPARTIR
S    SUPERAMIGOS
Pasámolo moi ben vendo como as pombas hoxe levaban as nosas mensaxes por todo o ceo, para espallalas polo mundo e facer así entre todos un “MUNDO MELLOR”
Tamén escoitamos na biblioteca un fermoso conto que os nosos compañeiros de primaria elaboraron sobre as “FRAGAS DO EUME”
Foi un día cargado de emocións e compañeirismo.

1 comentario: