domingo, 16 de abril de 2017

SAÍDA A BIBLIOTECA MUNICIPAL

Este foi un día emocionante. Todos xuntos saímos do cole para visitar a biblioteca municipal, aprendemos moitas cousas, pero sobre todo destaco dúas:

  • A importancia de movernos respetando os perigos da rúa.
  • A importancia de respetar as diferenzas, grazas o conto que alí nos proxectaros "Rosa Caramelo"
A volta cada neno e nena debuxou un elefante para engadir ao seu gran libro dos traballo, elexindo a súa cor preferida e incidindo na importancia de que cada quen sexa da cor que queira ser..
Unha mañán moi productiva para o noso proxecto de aula, SEN DÚBIDAS...



CUMPLES DE MARZO

Co remate do mes de Marzo e dándolle paso de cheo a primavera, celebramos o cumple de dous patiños máis. Xa nos estamos facendo todos moi maiores. NORABOA para Pedro e para Noa, foi unha festa estupenda..






jueves, 2 de marzo de 2017

O ENTROIDO


Unha semana chea de sorpresas, festexos e aprendizaxes.
O esqueleto MANOLO pouco a pouco cos seus mandadiños converteunos en romeiros de Río Eume.




O venres enchemos de peixes o río Eume e moi orgullosos cantamos a nosa cantiga, Grazas as familias, desfrutando dun públimo inmellorable.
Aquí vos deixo o enlace para que poidades ver a nosa actuación:
ENTROIDO 2017

Hoxe o noso entroido chegou ao seu remate coa súa queima, e todos o acompañamos engalanados con variados disfraces.


ATA O ANO QUE BEN!!! DON ENTROIDO!!!! FOI UN PRACER COMPARTIR ESTES DÍAS...

CUMPLES DE FEBREIRO

Despois de uns días de descanso voltamos ao cole e dámonos conta que se nos foi FEBREIRO deixándonos GRANDES RECORDOS E EXPERIENCIAS, entre as cales sen dúbidas está a celebración do cumple de tres dos nosos PATIÑOS.
Parabéns para eles e grazas pola convidada.

lunes, 6 de febrero de 2017

Deixo aquí unha foto do disfrace para o Entroido. O bonito sería que as tonalidades das escamas fosen todas iguais.

Ánimo, e se tendes calquera dúbida consultádenolo.


lunes, 30 de enero de 2017

Hoxe conmemoramos o día da PAZ E DA NON VIOLENCIA, soltando  pombas viaxeiras que levarán as nosas mensaxes de Paz a todos lados..
Os patiños e patiñas de catro anos decidiron seleccionar  catro palabras que escribiron nunha folla de carballo para formar a árbore co resto dos compañeiros e compañeiras:
·         AMOR
·         PERDOAR
·         COMPARTIR
S    SUPERAMIGOS
Pasámolo moi ben vendo como as pombas hoxe levaban as nosas mensaxes por todo o ceo, para espallalas polo mundo e facer así entre todos un “MUNDO MELLOR”
Tamén escoitamos na biblioteca un fermoso conto que os nosos compañeiros de primaria elaboraron sobre as “FRAGAS DO EUME”
Foi un día cargado de emocións e compañeirismo.

CUMPLES DE XANEIRO

Este mes dúas "PATIÑAS" xa cumpriron os 5 anos, aínda que LUCÍA  non estivo para festexalo connosco.
Parabéns para "LUCÍA" e para "SOFÍA".

Celebrámolo comendo unha riquiiiisima torta que nos trouxo Sofía e outras lambetadas..